quen somos
CODIA-fundadores

Diante: Lucía Santiago, Marta Otero, Eva Pérez, Mariana Liz Jáuregui

Detrás: Pedro Pascual, Carlos Quintá, Xabier Jáuregui, Cibrán Santamarina, Alberto Barreiro, Félix Rodríguez, Iván Barral, Guillerme Inácio

O día 3 de xaneiro de 2025, en Arcos da Condesa (Caldas de Reis), reunímonos para constituír a Asociación CODIA (Colectivo Diatónico Galego), que ten como principais fins:

  • Fomentar o uso, práctica, formación, ensino e desfrute do acordeón diatónico en todas as súas formas e contextos culturais.
  • Divulgar, preservar e revitalizar a música tradicional galega, así como outras expresións artísticas relacionadas co acordeón diatónico. 
  • Promover a investigación e a innovación no ámbito do acordeón diatónico, fomentando novas expresións artísticas. 
  • Actuar como punto de encontro para o intercambio de coñecementos, experiencias e repertorios entre practicantes da música tradicional e popular. 
  • Organizar eventos culturais como concertos, festivais, clases maxistrais, seminarios, obradoiros, entre outros, relacionados co acordeón diatónico e a música tradicional. 
  • Ofrecer formación a nenos/as, mocidade e adultos/as, promovendo o acceso á educación musical en todos os niveis.
  • Crear e difundir materiais audiovisuais, publicacións e recursos didácticos que contribúan ao coñecemento e práctica do acordeón diatónico. 
  • Promover a igualdade de xénero e a inclusión social no ámbito musical, asegurando a participación equitativa de todos os colectivos. 
  • Establecer colaboracións con outras asociacións, profesionais e organismos culturais, tanto a nivel local, autonómico como internacional, que compartan os obxectivos da asociación.
  • Apoiar a formación e desenvolvemento profesional dos membros da asociación a través de intercambios, residencias artísticas e actividades formativas, entre outras.

Desta reunión, sae como primeira directiva de CODIA:

Presidenta: Lucía Santiago Díaz

Vicepresidenta: Marta Otero García

Secretario: Iván Barral Fernández

Tesoureiro: Alberto Barreiro Hermida