Homenaxe a “Manolo de Loureiro”

O día 16 de novembro CODIA organizou a homenaxe a Manolo López Rodríguez, “Manolo de Loureiro”, coa guía de Guillerme Ignacio que nos deu a coñecer ao tocador de diatónico aínda en activo aos seus 95 anos.

A homenaxe consistiu nunha conversa con Manolo na súa vivenda, onde nos contou a súa relación co diatónico nos seus anos mozos, e o contexto no que se tocaba. Despois, acompañados pola súa familia, sentámonos a comer un cocido no Irixo e entregámoslle un diploma onde se lle recoñece como mestre de acordeón diatónico pola súa labor na transmisión da nosa música tradicional.

Houbo música, tanto pola mañá na súa casa, como despois do cocido, que nos agasallou Manolo. E tamén pola nosa parte, que tocamos a “Muiñeira de Loureiro” do seu repertorio. Neste vídeo podemos ver un resumo do que foi todo o día:

E unha fotos:

Na última parte do vídeo pode escoitarse a “Muiñeira de Loureiro”, que deixamos aquí para descargar a partitura.

Temos que agradecer enormemente o traballo de Guillerme Ignacio, que foi o noso guía para poder facer a homenaxe, cedeunos as imaxes e vídeos e a harmonización da muiñeira para poder tocala ese día e mostrala nesta publicación:

Descargar Muiñeira de Loureiro

Esta entrada foi publicada en Cocido diatoneiro, Descargas, Manolo de Loureiro, Partituras, Vídeos. Garda a ligazón permanente.

Unha resposta en “Homenaxe a “Manolo de Loureiro””

  1. Pingback: CODIA NO “V APPLEC” DA ASOCIACIÓN REBOTÓNS | CODIA

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *